Os hostaleiros de Arcade, preocupados ante a posibilidade dun novo peche
Estrearon a desescalada cunha fin de semana de sol, terraza e boa clientela. Pero a espada de Damocles da covid segue sobre eles. En catro días, superaron os 500 de incidencia, e temen que iso os aboque a un novo peche, perimeral da hostalería.
"É un pau para todos nós. Abrir dous días e volver pechar... e logo o malestar que nos produce a nós economicamente e logo aos empregados. Que lle digo hoxe, que marchen para casa outra vez". di Jacobo Martínez, propietario dunha marisquería de Arcade.
En Arcade predomina a sensacion de desconcerto. En xeral, avalía positivamente o nivel de cumprimentos das normas e non acaban de entender por que seguen medrando os casos. A principal decepción sería para eles volver ao peche perimetral.
A avaliación de situacións como a de Soutomaior corresponde esta tarde ao comité clínico. No concello esperan que se teñan en conta que son pouco máis de medio cento de casos que avultan a incidencia porque se trata dun municipio pequeno.