Os hostaleiros da Costa da Morte maniféstanse contra o plan de rescate para o sector
Publicado o 28/02/2021 20:17
Os hostaleiros da Costa da Morte rexeitan o plan de rescate para o sector impulsado pola Xunta.
Considérano inxusto e insuficiente. Por iso convocaron unha manifestación que se deixou sentir en varios municipios da comarca. Unha caravana de coches desprazouse desde Fisterra a Carballo. A protesta rematou cunha concentración e coa lectura dun manifesto na praza dos bombeiros voluntarios.