CRTVG

Buscar

Os hostaleiros da Coruña recorren o peche do sector ante o TSXG

Publicado o 10/02/2021 14:57

Reclaman nas rúas de Ferrol a reapertura da hostalería.

Levan dúas semanas de peche e arrastran case un ano de restricións. Os hostaleiros din que a situación é insostible.

Por iso o apoio que reciben as súas demandas por parte da xustiza no País Vasco abre unha vía que os hostaleiros da Coruña queren aproveitar.

Non contemplan este recurso outras asociacións de Galicia. É o caso dos hostaleiros de Pontevedra, que ven diferenzas xurídicas.

Unha inseguridade xurídica que a Xunta de Galicia quere atallar.

No que si hai unanimidade entre os hostaleiros é na necesidade de poñer en marcha un plan de rescate para o sector que inclúa axudas, indemnizacións e redución de impostos.


 

Noticias web

10/02/2021