CRTVG

Buscar

Non se rexistran falecementos por covid nunha xornada de suba lixeira dos casos activos

Publicado o 15/10/2021 20:57
Non se rexistran falecementos por covid nunha xornada de suba lixeira dos casos activos

Os casos activos soben lixeiramente (+6) con respecto ao día anterior. En total, hai 472 persoas con coronavirus en Galicia.

Tamén aumenta o número de casos detectados por probas diagnósticas (+21) máis do dobre dos que foran notificados onte. En concreto, 37 contaxios novos.

Por áreas sanitarias, a repartición de casos activos é a seguinte:

Vigo: 87 (=)

A Coruña: 153 (+6)

Pontevedra: 27 (+1)

Santiago: 72 (+8)

Ourense: 71 (-2)

Lugo: 51 (-9)

Ferrol: 11 (+2)

A ocupación hospitalaria, pola súa parte, diminúe tanto na UCI como en planta. Hai 7 persoas en coidados intensivos (-3) e 31 en planta (-2). Con todo, o Sergas non notificou falecementos por mor da covid, polo que a cifra mantense en 2.646 decesos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos