Os hospitais de Lugo e Ourense súmanse a facer desde o coche as probas do coronavirus
Publicado o 19/03/2020 14:22
Leva funcionado horas en Ourense e xa puidemos ver os primeiros pacientes que se achegaron a facer a proba do coronavirus sen necesidade de baixar do coche.
Veñen con cita previa e despois de ser explorados por facultativos que acreditan que son sospeitosos de contaxio.
Un sistema que se une ás unidades móbilies que continúan trasladándose a domicilios.
O test en coche implantarase en todas as áreas sanitarias de Galicia. En Madrid están estudando a posibilidade de implantar algo parecido.