CRTVG

Buscar

Os hispanos mídense a Croacia este domingo en Pontevedra

Publicado o 25/06/2021 14:14

Esta mañá a selección española adestrou no Grove Poderán seguir o partido ás 20:00 pola G2

Rodrigo Corrales é un dos metas da selección española de balonmán que segue por Galicia.

Segue a preparación dos xogos olímpicos. Esta mañá adestrou no Grove e este domingo vaise enfrontar a Croacia en Pontevedra. Partido correspondente á xornada 3 da EHF Eurocup 2022 para o que se esgotaron as 535 localidades que se puxeron á venda. Un encontro que poderán ver ás oito da tarde en directo pola G2.  

Noticias web

25/06/2021