CRTVG

Buscar

Os grupos teñen 9 días para presentar emendas á Lei de cambio climático

Publicado o 24/08/2020 14:34
Os grupos teñen 9 días para presentar emendas á Lei de cambio climático

As empresas afectadas pola Lei de cambio climático lémbranlles aos grupos con representación no Congreso que teñen 9 días para presentar emendas. 

Din que o día 2 remata o prazo para intentar frear o artigo que modifica a Lei de costas e ameaza a súa localización á beira do mar.

A plataforma de empresas afectadas cifra en 3.000 os empregos que estarían en risco en Galicia, e pídenlle ao Goberno unha mesa de diálogo para acordar calquera modificación na Lei de costas.


 

Noticias web

24/08/2020