CRTVG

Buscar

Os Gozos reza co Papa pola fin da pandemia

Publicado o 31/05/2021 20:13

O santuario da Nosa Señora dos Gozos participou esta tarde na maratón de oración pola fin da pandemia.

Os fieis desta igrexa do Pereiro de Aguiar conectáronse en directo co papa Francisco para representar a Galicia neste rezo conxunto con santuarios de todo o mundo para pedir que remate a covid-19. O rosario foi retrasmitido dende os Xardíns do Vaticano e puideron verse tamén imaxes dos outros santuarios partícipes para amosar o clima de unidade e oración.

Dende os Gozos presidiu os rezos o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet.

 

Noticias web

31/05/2021