CRTVG

Buscar

Os goles de Iñigo Martínez e Melero deixan o desenlace para Valencia

Publicado o 11/02/2021 23:02
Os goles de Iñigo Martínez e Melero deixan o desenlace para Valencia

O Athletic Club e o Levante empataron a uns en San Mamés con goles de Iñigo Martínez e Gonzalo Melero na ida das semifinais da Copa do Rei, que se resolverán o próximo 4 de marzo no Ciutat de Valencia. O equipo granota adiantouse no minuto 26 co gol de Melero. O centrocampista recibiu á altura do punto de penalti un centro desde a banda dereita de Jorge de Frutos que despois dun primeiro intento de remate errado aproveitou en segunda instancia para bater a Unai Simón. No minuto 58, o Athletic nivelou o marcador cun espléndido remate de cabeza de Iñigo Martínez tras un saque de esquina botado por Iker Muniain.