CRTVG

Buscar

Os gandeiros galegos piden prezos xustos polo leite tras a suba dos custos de produción

Publicado o 02/08/2021 15:29

Os baixos prezos do leite unidos a un forte aumento nos custos de produción ameazan o futuro das ganderías do país. As subas anunciadas por algunhas industrias nos últimos días son insuficientes para as organizacións agrarias que esixen que se cumpra a Lei da cadea alimentaria.

O prezo do leite non sobe, pero producilo é un 10 por cento máis caro agora ca finais do ano pasado.

A Lei da cadea alimentaria obriga a que se os custos de produción soben, as industrias paguen máis aos seus produtores. Algo que non está a suceder na maior parte das ganderías galegas, que xa partían dos prezos máis baixos do estado.

Polo momento só tres industrias que recollen en Galicia, CLUN, Pascual e Naturleite anunciaron subas no prezo que pagan aos gandeiros. Se nas próximas dúas semanas non hai máis movementos, os sindicatos tomarán medidas.

Piden que as administracións se impliquen na busca de solucións para os produtores, facendo que as industrias e a distribución cumpran a lei de Cadea e os acordos lácteos de 2015.






 

Noticias web

02/08/2021