CRTVG

Buscar

Os gandeiros en Dodro ven ameazada a continuidade das súas explotacións polos danos do xabaril nas colleitas

Publicado o 05/08/2021 14:12

Os primeiros danos dos xabarís en cultivos de millo xa se están rexistrando en Dodro, concretamente en leiras de Lestrobe e Laíño, que traballa a granxa de vacún A Bouciña de Rois. As plantas aínda non teñen a mazaroca grande, pero os xabarís xa a están atacando, deixando o millo tirado e roído. Tamén están a levantar os prados de herba doutras explotacións. 

Rafael e Michel mira os danos que teñen de momento nas súas leiras. Xa tiveron perdas na sementeira do millo. Rafael tivo que volver sementar vinte hectáreas. Os gandeiros teñen medo de non ter que darlles de comer aos animais no inverno. Séntense indefensos ao comprobar que, ano tras ano os ataques van a peor.

Están fartos de enviar escritos a distintos organismos, o último dirixido xa á propia conselleira de Medio Ambiente, reclamando unha solución máis aló de que deriven a responsabilidade sobre o TECOR. Os gandeiros piden medidas urxentes para controlar a poboación do porco bravo a curto prazo para poder salvar a campaña deste ano.

Noticias web

05/08/2021