Os galos percorren as casas de San Pedro da Mezquita
Publicado o 05/03/2019 14:35
E en San Pedro da Mezquita os galos volveron percorrer as casas desta parroquia da Merca. Naquelas en que lles abriron a porta saborearon doces e licores. Despois agardaron os fieis á saída da misa da igrexa parroquial. Os galos fixeron bailar os fregueses, repetindo os costumes de varias xeracións.
Un Entroido que lograron recuperar e revitalizar nos últimos anos os veciños desta parroquia. A festa perdérase a mediados dos anos sesenta do século pasado.