CRTVG

Buscar

Os galegos ultiman os encargos poucas horas antes da chegada dos Reis Magos

Publicado o 05/01/2021 14:39

Moitos comercios e centros comerciais amencían hoxe repletos de xente que acoden a ultimar os detalles da carta dos Reis Magos.

Quedan poucas horas para a súa chegada e aínda son bastantes os que se achegan a facer os encargos de última hora para que os paxes reais llelos fagan chegar ás súas maxestades de Oriente antes do repartimento desta noite. 

Para sorpresa dos encargados de ultimar estes pedidos, nas horas previas á chegada dos Reis xa se atopan descontos moi interesantes que poden animar os de Oriente a sumar algún que outro regalo á lista. 

A situación que estamos a pasar non vai impedir aos Reis Magos chegar a todos os fogares galegos na noite máis máxica do ano. 

Noticias web

05/01/2021