Os galegos rematan o ano sen festas e reunións
Ninguen tiña dúbidas de que imaxes de festas multitudinarias non se ían repetir este ano, pero algún que outro quizais gardaba a esperanza de que as restricións impostas nos días de Nadal se rebaixarían de cara á Noitevella. Tras coñecer as pautas marcadas para o día 31 polo comité clínico, que pensan os galegos destas novas limitacións?
Aínda que con algo de resignación, parece que estas medidas son bastante ben recibidas, pero as novidades na hostalaría de cara ao día 1 non tanto, sobre todo para os hostaleiros, que o ven como un novo golpe á complexa situación que xa levan meses vivindo.
Unha vez máis, as autoridades sanitarias apelan á responsabilidade, sobre todo nesta data tan sinalada para poder empezar o novo ano do mellor xeito posible.