CRTVG

Buscar

Os galegos presentaron preto de 300 demandas en liña nos últimos meses do 2018

Publicado o 17/02/2019 20:44

Os galegos presentaron preto de 300 demandas en liña nos últimos seis meses do 2018.
A xustiza modernízase, e é que desde o mes de agosto do ano pasado pódense iniciar a través da sede xudicial electrónica os procedementos monitorios en todos os partidos xudiciais, unha fórmula para reclamar impagos que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.

A través desta páxina web os cidadáns tamén poden facer un seguimento do procedemento e consultar expedientes xudiciais dos que son parte a través do espazo "a miña carpeta", que durante o ano pasado rexistrou máis de 11.000 accesos. Tamén se pode comprobar a autenticidade dos documentos electrónicos emitidos pola Administración de Xustiza de Galicia.

Noticias web

17/02/2019