CRTVG

Buscar

Os galegos de entre 16 e 21 anos poderán pedir cita para vacinarse esta fin de semana

Publicado o 05/08/2021 12:01

Sanidade pon data para autocita da vacinación dos mozos nacidos entre os anos 2000 e 2005. A autocita para ese grupo de mozos abrirá en Galicia dende as 9 da mañá do sábado e ata as 11 e media da noite do domingo.

O sistema permitiralles aos mozos de entre 16 e 21 anos solicitar unha das 25.000 doses dispoñibles, e a vacinación terá lugar a vindeira semana. A autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal ou no portal É-Saúde. Tamén se pode solicitar dende o teléfono a través da aplicación Sergas móbil.

Mentres, estase a citar por SMS os cidadáns nacidos en 1999 e anteriores e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.

 

Noticias web

05/08/2021