CRTVG

Buscar

Os galegos con causas xustificadas poderán adiantar a súa vacinación

Publicado o 30/06/2021 15:42

Nos próximos días, a Xunta vai poñer en marcha unha ferramenta para que as persoas con causas xustificadas poidan pedir a súa propia cita para vacinarse. Anunciouno hoxe o conselleiro de Sanidade.

"Queremos abrir unha posibilidade para as persoas que teñan algún problema específico, como os Erasmus ou xente que por motivos laborais ten que vacinarse antes. Imos abrir unha ferramenta que vai ir en paralelo para facer unha autocita", confirmou Julio García Comesaña nunha entrevista na TVG.

Noticias web

30/06/2021