CRTVG

Buscar

As flores, o máis agasallado no Día de San Valentín aínda que hai moitas alternativas

Publicado o 14/02/2019 14:25

Por se aínda non se deron conta, recordámoslles que día é hoxe.

Nesta data, as rosas vermellas seguen a ser o regalo estrela, pero cada vez hai máis alternativas. Un bo doce cunha dedicatoria personalizada ou mesmo un menú especial de San Valentín con toques afrodisíacos poñen o toque orixinal.

Se son dos que adoitan agasallar, aínda están a tempo. Calquera escusa é boa para non reparar en custos e ter un bo detalle. Para moitos, así e todo, o amor está por riba de calquera data ou regalo.

De calquera forma, o amor seguirá estando no aire todos os días do ano.

Noticias web

14/02/2019