CRTVG

Buscar

Os galegos cando viaxan buscan sol e praia

Publicado o 05/07/2019 21:36


Percorrendo Europa en parella e reservando con antelación. Son os hábitos que definen o viaxeiro galego, segundo publica unha plataforma dixital lider en visitas guiadas en español. Pero en temporada de verán cando un galego decide viaxar amosa unha preferencia clara.  Natalia Ferreiro, axencia de viaxes AIG7: "Os galegos preferentemente o que buscan no verán é o bo tempo porque este ano, ademais, estamos a ter un tempo malo, e en xullo xa vedes que tempo temos e entón gústalles ir buscando un pouco a calor. Logo tamén hai xente que prefire visitar grandes cidades europeas como Londres ou París".


E que prefire quen nos visita? A Coruña é unhas das cidades, xunto a Santiago e Vigo, que máis elixen os que optan por realizar unha escapada a Galicia. Con ou sen sol Galicia segue a ser un reclamo turístico para os viaxeiros.

Noticias web

05/07/2019