CRTVG

Buscar

Os galegos apostan pola responsabilidade ante as celebracións do Nadal

Publicado o 16/12/2020 15:01

"Estaremos eu e o meu marido, ninguén máis". Así de contundente nos respondeu unha muller á que lle preguntamos polo seu plan para estas festas. 

Pero este plan é o de moitas familias galegas. Malia a posibilidade de xuntarse dous núcleos familiares, moitos prefiren evitalo, aínda que se faga difícil.

"E iso que teño uns netos ben fermosos", explícanos un home. "Pero ten que ser así", conclúe.

No caso de xuntarse, é importante usar a máscara, a ventilación e a distancia social, por máis que custe.

Hai quen cre que a responsabilidade ante as normas fronte a covid é agora o mellor agasallo.

 

Noticias web

16/12/2020