CRTVG

Buscar

Os Franco recorren a decisión de que o Estado sexa depositario dos bens de Meirás e piden ser indemnizados

Publicado o 29/12/2020 18:51
Os Franco recorren a decisión de que o Estado sexa depositario dos bens de Meirás e piden ser indemnizados

A familia Franco presentou un recurso de apelación contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña polo que o Estado pasou a ser depositario dos bens do pazo de Meirás, á espera dunha sentenza definitiva.

Nun escrito de 38 páxinas, os herdeiros do ditador piden que o auto sexa "integramente revogado", con imposición de costas á parte actora e condenar á mesma a indemnizarlles cos "danos e prexuízos ocasionados" por mor das citadas medidas cautelares.

Entre outros argumentos, sosteñen que "as cousas, bens ou obxectos" non están "fisicamente anexionados ao inmoble obxecto do litixio" e engaden que "por tanto, de ningunha maneira constitúen partes integrantes ou compoñentes materiais" do pazo. Ademais, sosteñen que na demanda do Estado non foi obxecto do citado litixio "o pazo de Meirás entendido como unha suposta unidade, senón unha concreta parcela catastral que, á súa vez, se correponde con quince leiras rexistrais".