CRTVG

Buscar

Os franceses viaxan a Madrid para gozar de menores restricións

Publicado o 09/02/2021 21:19

En Francia o toque de queda é a seis da tarde. Os restaurantes non serven comidas. Así que non é de estrañar que un de cada catro visitantes que chegou a Madrid no mes de decembro fora francés.

Ata aí todo ben. O problema salta cando a policía detecta que na maioría de festas ilegais que se celebran cada fin de semana en Madrid hai unha alta porcentaxe de mozos franceses. Está en marcha unha investigación para ver se detrás desas festas, case todas en pisos turísticos, hai algún tipo de promotor.

É outra cara dun turismo que, incluso agora en época de vacas fracas, se recibe con pouco entusiasmo polos madrileños.

Noticias web

09/02/2021