CRTVG

Buscar

Os forenses dan por crible o testemuño das vítimas sobre os supostos abusos do salesiano

Publicado o 08/07/2021 14:40

Outros dous membros da congregación dos salesianos declararon na terceira xornada do xuizo contrra o sacerdote acusado de abusos sexuais a seis menores. Defenderon que o seu compañeiro sempre mantivo boa relación cos rapaces e as familias.

Tamén declararon forenses do Instituto de Mediciña legal de Galicia que dan por crible o relato dos mozo.

Tamén declararon varios menores que asistiran ao campamento no que presuntamente se produciron os abusos. Un deles recoñeceu ter visto outros rapaces chorando e pegando unhas liteiras a outras, mentres que outros mativeron que o acusado sempre os tratou con repeto, e que era imposible que ninguén se movese polos corredores da casa na que acampaban sen facer ruído. 

A defensa presentou un informe psicoloxico do acusado. A fiscalía pide 67 anos de cárcere para o sacerdote por abusos sexuais a menores, mentres que a defensa reclama a libre absolución.

 

Noticias web

08/07/2021