CRTVG

Buscar

Os fogos do Apóstolo lánzanse dende seis puntos de Santiago

Publicado o 24/07/2020 21:37

• O risco de incendios obrigou a suspendelos en dous barrios

• Abandonan o Obradoiro para evitar o deterioro dos edificios históricos e evitar as aglomeracións

• Un 25 de xullo sen verbenas en Galicia

Os empregados da Pirotecnia Zaragozana comezaban esta mañá a instalación dos 1.500 quilos de carga pirotécnica que se lanzarán nesta atípica noite do 24 de xullo. A alameda, a Almáciga, o parque Eugenio Granell da Pontepedriña, o parque Luis Pasín de Conxo, o parque Carlomagno das Fontiñas e a Cidade da Cultura son os 6 lugares desde os que se lanzarán os fogos do Apóstolo. O obxectivo: evitar as aglomeracións. Ante o alto risco de incendios quedan suspendidos os puntos da Granxa do Sexto no Pedroso e o Monte de Deus en Vite.

Establecerase un perímetro de seguridade de 120 metros ao redor dos puntos de lanzamento, onde non se poderá aparcar e os residentes destas zonas tampouco poderán entrar nin saír das casas entre as 11 e as 12 da noite.

Noticias web

24/07/2020