CRTVG

Buscar

Os festivais de cine, unidos de balde en Youtube

Publicado o 28/04/2020 15:55

Os principais festivais de cine do mundo únense a YouTube para crear We Are One: A Global Film Festival. Será un festival dixital que comezará o 29 de maio e que doará os seus beneficios á Organización Mundial da Saúde para a loita contra a COVID-19.

O cine é un. Non hai fronteiras para contar historias. Desde o 29 de maio, durante dez días e con YouTube como plataforma os equipos de programación de festivais como Cannes, Berlín, Locarno, Venecia ou San Sebastián ofrecerán os seus filmes no certame en liña We are one: A Global Film Festival.

Espectadores en quen segue pensando o Festival de San Sebastián para a súa apertura o vindeiro 18 de setembro.

O cine, unido contra a COVID-19 nun evento de balde que doará as achegas dos asistentes á Organización Mundial da Saúde.

Noticias web

28/04/2020