Os feirantes ameazan con boicotear o San Froilán se non lles deixan montar as barracas

Continúa a tensión entre o Concello de Lugo e os feirantes. Os donos das atraccións ameazan con boicotear as festas do San Froilán se non lles deixan instalarse. O diálogo está roto a pouco máis dunha semana para que arranquen as patronais. Elévase o ton de acusacións entre as partes. A responsable de Cultura negouse a atender a chamada dos feirantes e acusa ademais o seu líder de politizar a protesta, xa que é concelleiro do Partido Popular en León.
O Concello mantén que co actual protocolo non se poden instalar as barracas porque non se pode garantir a seguridade no recinto feiral, pero na Delegación Territorial da Xunta manfiestaron que a actual normativa non obriga a delimitar. O tempo bótase enriba e a posibilidade de que haxa barracas esfúmase.