Os falecementos por covid−19 ascenden a 2.375 en Galicia tras notificárense dous decesos
Publicado o 19/04/2021 19:59

A Consellería de Sanidade notificou este luns o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, a cifra total de decesos elévase a 2.375 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Ambos os dous falecementos producíronse na xornada do domingo e son os dunha muller de 63 anos no CHUAC e unha muller de 88 anos en Povisa.
Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, ambas as mulleres padecían patoloxías previas.