CRTVG

Buscar

Os falecementos por covid−19 ascenden a 2.325 tras notificárense catro decesos

Publicado o 23/03/2021 20:22
Os falecementos por covid−19 ascenden a 2.325 tras notificárense catro decesos

O Servizo Galego de Saúde acaba de notificar o pasamento de catro persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con elas, son xa 2.325 as vítimas mortais que deixa a pandemia en Galicia dende o seu comezo.

Na xornada de onte faleceron unha muller de 89 anos no CHUVI, un home de 86 anos no mesmo hospital e un varón de 79 anos no CHUS.

Nas últimas 24 horas perdeu a vida unha muller de 58 anos no CHUS.

Segundo informa Saúde Pública, todas elas presentaban patoloxías previas.