CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan falar pouco e en voz baixa para frear a propagación aérea do coronavirus

Publicado o 22/09/2020 17:18

A teoría da transmisión aérea da covid-19 colle cada vez máis pulo. O Centro de Control e Prevención de Enfermidades dos Estados Unidos publicouno nun informe que están á espera de matizar.

Ao principio da pandemia pensábase que o virus se contaxiaba por contacto directo ou con superficies contaminadas, e a través de pingas do fluxo respiratorio.

Ábrese agora outra vía, a da transmisión a través do aire vía aerosois, que son pequenas partículas, menores que pingueiras.

Trátase dunha teoría que xa vai callando entre a xente. A algúns dálles a risa, e outros xa non cren a ninguén.

O científico da Universidade de Colorado José Luis Jiménez é un dos que defende a importancia dos aerosois, e di que hai que pensar no virus como se fose fume nun cuarto.

Por iso a importancia de ventilar as estancias e os beneficios das actividades ao aire libre.

Noticias web

22/09/2020