CRTVG

Buscar

Os expertos recomendan realizar cribados escolares periódicos

Publicado o 29/08/2021 22:23

Os científicos son rotundos. Din que o risco de contaxio de coronavirus nos colexios é maior este comezo de curso ca o anterior. Preocupados pola rápida propagación da variante Delta, advirten de que relaxar as medidas terá consecuencias, e lembran que os menores de 12 anos non se poden vacinar.

"A min preocúpame, por exemplo, que se diminúa o ratio de alumnos por aula, eu creo que isto non se debera facer. Habería que esperar a ter máis poboacion escolar vacinada e a ver como comezaba o curso escolar". "Eu temo que se non se coidan estes detalles podemos asistir a un comezo de curso algo máis complicado polo contaxioso da variante Delta do que tivemos a comezos do curso anterior", di o epidemiólogo Alberto Infante.

"Eu o que creo que merece a pena é facer apelación que en función das circunstancias epidemiolóxicas en cada lugar se poida manter a distancia de metro e medio", afirma o científico José Martínez Olmos.

Para evitar unha vaga de contaxios nas escolas, os expertos chaman a protexer o alumnado con accións de prevención específicas.

"Non debemos descartar a idea dos cribados focalizados nin a idea da vacinación concentrada nos centros escolares, nos recintos escolares", explica o epidemiólogo Daniel López.

Con todo, en Galicia unha porcentaxe elevada do alumnado maior de 12 anos volverá as aulas coa pauta de vacinación completa.

 

Noticias web

29/08/2021