CRTVG

Buscar

Os expertos pídennos que só nos xuntemos con conviventes no Nadal

Publicado o 14/12/2020 15:20

A celebración do día de Acción de Grazas nos Estados Unidos é a antesala do noso Nadal. Alí xa están sufrindo as consecuncias de xuntarse.

Trátase de non repetir o patrón aquí en España. Os que xa viven de preto as consecuencias das xuntanzas familiares actúan con prudencia.

Sonia Villapol é profesora de neurocirurxía nos Estados Unidos e di que este ano non vai vir ver a súa familia a Galicia. 

Os expertos pídennos que limitemos as ceas e comidas ás persoas coas que convivimos.

O intensivista do hospital clínico de Santiago, Pedro Rascado, advirte de que reunirse nun espazo pechado e sen máscara supón un alto risco de contaxio. "E isto é o que acontece nas ceas de Nadal", matiza.

Salvar a tempada de verán precipitou o inicio da segunda vaga, por iso é importante non caer no mesmo erro agora.

O Nadal debe ser máis virtual ca presencial para poder abrazar aos nosos o Nadal que vén. Non podemos esquecer que o virus segue circulando. A vacina está preto pero a pandemia aínda está con nós.


 

Noticias web

14/12/2020