CRTVG

Buscar

Alertan do perigo de achegarse ao golfiño que percorre as praias da ría de Muros-Noia

Publicado o 01/06/2021 14:35

A finais de 2019 o golfiño coñecido como Confi, apareceu na zona da ría de Muros-Noia. Chegou só, polo que os expertos pensaron que puido ser abandonado pola súa manda. Esa soidade levouno a aproximarse á xente, ao principio só dende lonxe pero despois comezou a achegarse  ata o punto de deixarse acariñar. Agora Confi demanda interaccion e agarimo, para moitos algo divertido pero que ademais de ser un perigo está prohibido por lei. 

Acompaña diariamente aos navalleiros nas súa xornada dificultando moito o seu traballo porque quere xogar. Xa se se viron obrigados a cambiar as zonas de marisqueo para poder traballar. Cando non lle fan caso altérase e algún que outro mergullador xa tivo un susto.

Os expertos están preocupados pola chegada do verán e xa esta fin de semana puido verse o animal achegándose aos bañistas. Piden que a xente cumpra a lei e sobre todo que se alguén se atopa con el que non lle faga caso porque non se sabe como pode reaccionar.

Noticias web

01/06/2021