CRTVG

Buscar

Os expertos aconsellan fuxir das chamadas dietas milagre tras o Nadal

Publicado o 09/01/2019 17:21

Son moitos os que empezan o ano buscando o mellor xeito de perder os quilos gañados polos excesos do Nadal. Os expertos aconsellan fuxir das dietas milagre que en moitas ocasións só serven para perder líquidos e non son aconsellables cando existe algún problema de saúde.

Comidas con máis graxas na nosa dieta e un exceso de doces que acaban traducíndose nun par de quilos tras o Nadal. É unha realidade que moitos buscan atallar seguindo as chamadas dietas detox, un método rápido para volver ao peso habitual pero que non sempre é o máis saudable.

Os riscos deste tipo de dietas son especialmente graves no caso de persoas con problemas de corazón, fígado ou ril. Por iso, os expertos recomendan sempre acudir a un profesional e optar por unha dieta variada e equilibrada, perdurable no tempo e acompañada de exercicio físico.

Con estas premisas, volver ao peso habitual levará algo máis de tempo, pero a cambio terá máis beneficios para a saúde.






 

Noticias web

09/01/2019