Os experimentos de Youtube poden ser perigosos se se empregan produtos tóxicos
Coa mestura dos ingredientes comeza todo. Para facer este xoguete que causa furor entre a mocidade hai que empregar, como produtos básicos, cola, auga, algunha cor e deterxente. Algunhas receitas que se poden consultar en Internet inclúen boro, un elemento químico que en grandes cantidades pode resultar tóxico.
Nas elaboracións propostas por este mozo, autor do primeiro libro de receitas que non está traducido do inglés, non se inclúe este elemento como produto básico pero, con todo, aconséllase que sempre haxa un adulto.
A organización de consumidores e usuarios advirte de que algúns destes xoguetes que se venden preparados superou o nivel de boro que se considera seguro, polo que pode causar irritación e queimaduras na pel e nos ollos.
En caso de que fagan este xoguete na casa, asegúrense de que utilizan produtos que estean avaliados polas autoridades de consumo.