CRTVG

Buscar

Os exames enchen de estudantes as bibliotecas galegas

Publicado o 02/05/2019 19:59

Aproxímanse os exames finais e as bibliotecas universitarias comezan a ateigarse. As bibliotecas están cheas dende primeira hora da mañá e arestora continúan así. Dende hoxe esta biblioteca Concepción Arenal abre as vinte e catro horas do día e o resto terán horario ampliado. Deste xeito intentan adaptarse ás necesidades dos alumnos, aos seu hábitos de estudo e tamén á elevada demanda. Hai quen prefire estudar de día e descansar de noite, pero tamén hai quen se concentra mellor durante a noite. Por diante todos teñen varias semanas de estudo intenso.

Dez e media da mañá e non quedan sitios libres na Biblioteca Concepción Arenal. As únicas cadeiras que vemos baleiras son as daqueles que saíron facer un descanso. Atopámolos moi preto, ás portas do edificio, tomando café e distraéndose do temario do exame.

Desde hoxe, esta biblioteca abre as vinte e catro horas do día. Comeza a segunda fase de horarios extraordinarios que programa a Universidade de Santiago con motivo dos exames finais. O obxectivo é adaptarse ás necesidades dos alumnos, aos seus hábitos de estudo, e tamén á elevada demanda.

Quédanlles por diante varias semanas de traballo intenso, así que convén dosificar as forzas.

Noticias web

02/05/2019