CRTVG

Buscar

Os eurofáns queren que As Tanxugueiras representen a España cantando en galego

Publicado o 07/09/2021 23:09
Os eurofáns queren que As Tanxugueiras representen a España cantando en galego

O folk galego das Tanxugueiras convértese na aposta dos eurofáns españois para Eurovisión 2022. A súa canción 'Figa' foi a máis votada nunha enquisa organizada polos seareiros do concurso. 

Trátase dunha votación non vinculante dun grupo de eurofáns, e de presentárense e gañaren As Tanxugueiras a preselección que se celebrará a principios do 2022 cun novo tema no recuperado Festival de Benidorm, sería a primeira vez que un artista ou un grupo representase a España nunha lingua oficial distinta ao castelán.

 

 

Noticias web

07/09/2021