CRTVG

Buscar

Os EUA suspenden temporalmente os aranceis a produtos españois como resposta á taxa Google

Publicado o 03/06/2021 20:52
Os EUA suspenden temporalmente os aranceis a produtos españois como resposta á taxa Google

O Goberno confía en que os Estados Unidos suspenda definitivamente os aranceis a varios produtos españois. A Casa Branca anunciou onte que paralizaba durante 6 meses a aplicación destas recargas, que ían gravar as exportacións de calzado, bolsos e algúns alimentos.

Os aranceis aprobounos no seu día o goberno Trump contra 6 países europeos como represalia pola creación dunha taxa ás multinacionais tecnolóxicas. A administración Biden decide agora suspendelos de forma temporal para dar tempo a unha solución multilateral do desacordo.

Noticias web

03/06/2021