CRTVG

Buscar

Os EUA retiran os 2.000 soldados despregados en Siria

Publicado o 11/01/2019 22:25

A coalición internacional contra o Estado Islámico liderada polos Estados Unidos inicia a súa retirada de Siria.
O presidente estadounidense, Donald Trump, anunciou en decembro a decisión de retirar os 2.000 soldados despregados en apoio das Forzas Democráticas Sirias. Unha alianza liderada polas forzas kurdas na súa loita contra os xihadistas. Tamén este venres, o Goberno turco asegurou que está preparando unha ofensiva contra a milicia kurda, que precisamente se acelera con este anuncio da retirada das tropas norteamericanas da contorna.

Noticias web

11/01/2019