CRTVG

Buscar

Os EUA dan o primeiro paso para regularizar millóns de inmigrantes

Publicado o 19/03/2021 08:58
Os EUA dan o primeiro paso para regularizar millóns de inmigrantes

O Congreso de Estados Unidos aprobou un proxecto de lei para a creación dunha vía á nacionalidade para millóns de inmigrantes sen documentos.

Afecta a preto de 2 millóns e medio de inmigrantes sen documentos. Inclúe aos coñecidos como "dreamers", aqueles que chegaron ilegalmente cos seus pais sendo menores de idade, aos que o presidente Barack Obama ofreceu unha protección fronte á deportación que a Administración Trump teimou en eliminar.

Tamén están acollidos preto de 400.000 persoas ás que se lle concedeu a Protección Temporal, por ser fuxidos de países particularmente perigosos.
 

Noticias web

19/03/2021