CRTVG

Buscar

Os EUA autorizan a terceira dose para os maiores de 65 anos

Publicado o 23/09/2021 21:14

Os Estados Unidos autoriza a terceira dose da vacina de Pfizer para os maiores de 65 anos e as persoas en risco fronte ao virus. O Goberno debate se este será o comezo dunha terceira rolda de vacinación. 

A dose de reforzo da vacina contra a covid recibiu luz verde. Para os maiores, as persoas con condicións médicas sensible e aquelas que traballan en primeira liña sanitaria.

Precisamente, hoxe o Centro de Control e Prevención de Enfermidades confirmou que o efecto da vacina diminúe aos poucos meses, sobre todo entre as persoas maiores. Por agora poderase administrar só a vacina de Pfizer, aínda que Johnson & Johnson declarou que unha segunda dose reforzaría a protección ata un 97 %.

O dilema ético é que Estados Unidos acumula as doses, mentres o mundo en desenvolvemento está moi por detrás na campaña de vacinación. O cociente de vacinación en África da primeira dose é so do 10 %.

Noticias web

23/09/2021