CRTVG

Buscar

Os EUA aproban o primeiro medicamento para a patoloxía fundamental do alzhéimer

Publicado o 07/06/2021 21:14

A Administración de Alimentos e Fármacos dos Estados Unidos acaba de aprobar o uso do Aduhelm,un novo medicamento para o tratamento do alzhéimer, o primeiro en tratar directamente a patoloxía fundamental desta enfermidade.

Segundo a axencia norteamericana, a equivalente á Axencia Europea do Medicamento, a aprobación do novo fármaco acelerouse tras comprobar que proporciona un significativo avance contra esa enfermidade dexenerativa que padecen 50 millóns de persoas no mundo.

 

Noticias web

07/06/2021