CRTVG

Buscar

Os EUA anuncian que van desvelar avistamentos sobre ovnis en todo o mundo

Publicado o 23/03/2021 13:41

O que fora xefe de Intelixencia dos Estados Unidos con Donald Trump asegura que o país ten probas secretas da existencia de ovnis. Segundo afirma, en xuño vaise facer público un informe que desclasifica avistamentos en todo o mundo. 

Os avistamentos de luces ou aparellos descoñecidos no ceo empezaron a investigarse en 1947 e periodicamente desclasifícanse informes sobre eles. Algúns expertos cren que os documentos que segundo o exxefe de Intelixencia dos Estados Unidos se van desvelar non van descubrir nada novo.

"Non creo que vaia achegar datos reveladores. Non van ser esa gran revelación de que os ovnis son isto ou estoutro. Non imos ter a resposta definitiva", di Carlos Gabriel Fernández, xornalista experto en ovnis e fenómenos estraños.

España tamén desclasificou ducias de documentos, e hai moitos máis que se perderon ou que seguen sendo secretos. Segundo Carlos Fernández, en Galicia contabilizáronse centos de avistamentos desde 1945.

"Arredor de 600 casos de todo tipo relacionados con ovnis, algúns teñen explicacións, pero a maioría deles non teñen unha explicación racional", engade o experto.

O informe que supostamente van desclasificar nos Estados Unidos está documentados por pilotos da Mariña ou da forza aérea. Carlos Gabriel Fernández di que en ocasións estes avistamentos serven para tapar manobras secretas dos exércitos.

Noticias web

23/03/2021