Os estudantes que veñen de Madrid fan unha PCR para estar máis tranquilos
Publicado o 24/12/2020 15:04
Jacobo e Nicolás volven de Madrid con máis ganas que nunca, despois dun trimestre sen ver a familia.
Xunto á ilusión por volver, tamén a preocupación por non levar o virus ás súas casas. Jacobo e Nico solicitaron a PCR no rexistro posto en marcha polo Sergas para os estudantes.
Os días previos ao regreso reduciron os seus contactos.
Clases telemáticas e pouca vida social marcaron este primeiro trimestre na universidade.
A pandemia tamén marca a volta á casa polo Nadal, un dos momentos máis agardados polos universitarios.