CRTVG

Buscar

Os estudantes, pendentes de saber se estará permitido regresar a casa en Semana Santa

Publicado o 05/03/2021 16:48

Sara é de Ceuta e é estudante de Física na USC. Este ano non volverá á casa por Semana Santa aínda que o Goberno o permita. De facelo sería sempre coas máximas garantías.

"É a túa familia ao final de contas, pero se vas hai que ir con algunha precaución, facer PCR".

Algúns estudantes universitarios prefiren pasar as vacacións aqui e evitar así riscos.

"Mellor estar por aquí e non arriscarse a ir a Portugal".

Os universitarios galegos residentes en Madrid están pendentes de que esta medida sexa ratificada a próxima semana, moitos deles queren vir a Galicia. 

"Tiña pensado ir en Semana Santa estou pendente do que digan". "Quería ir a casa en Semana Santa non sei como serán as medidas pero son necesarias, xa se viu no Nadal".

De voltar a casa nas vacacións, todos consideran que hai que facelo coas máxima seguridade.

"Intentaría tomar todas as medidas de contención posibles. Ao mellor pasaría unhas semanas sen ter contactos ou facer algunha proba tipo PCR ou antíxenos".

O vindeiro mércores o Consello Interterritorial decidirá definitavemente se os estudantes poderán viaxar e regresar a casa na Semana Santa. Con todo, a recomendación xeral é evitar as viaxes que non sexan necesarias.

Noticias web

05/03/2021