CRTVG

Buscar

Os estudantes convocan unha folga nas universidades galegas para esixir a fin do curso escolar

Publicado o 15/04/2020 21:31
Os estudantes convocan unha folga nas universidades galegas para esixir a fin do curso escolar

As tres universidades galegas están chamadas mañá á folga. Está convocada polo sindicato estudantil ANEGA. É unha protesta que afectará á actividade telemática e que durará unha semana. Baixo o lema "Se os reitores non paran o curso, parámolo nós", os estudantes queren esixir que se poña fin ao curso escolar.

O curso rematará nos prazos establecidos con avaliación

A Conferencia Xeral de Política Universitaria, que reuniu o ministro de Universidades, Manuel Castells, cos responsables autonómicos do ramo, decidiu que o curso terminará nos prazos establecidos e con avaliación. Será cada centro o que decida, no exercicio da súa autonomía e en coordinación co seu Goberno autonómico, os procedementos necesarios para terminar o curso nos prazos establecidos, incluíndo docencia e avaliación.

Cada centro deberá comunicar as súas decisións "consultando co conxunto da comunidade universitaria e anunciando o máis axiña posible os devanditos procedementos ao conxunto do persoal docente, estudantado e persoal laboral de cada universidade".

Noticias web

15/04/2020