Os estragos da inundación nunha cafetería en Vigo únense ás perdas pola pandemia
Publicado o 12/11/2020 15:24
Sucedeu ao longo da noite e a alarma saltaba a primeira hora da mañá, cando a auga xa saía pola porta desta cafetería. Está pechada polas restricións da pandemia e pensan que unha avaría no baño provocou o asolagamento.
Dende primeira hora do día, nesta cafetería non deixaron de achicar auga. Despois haberá que cuantificar os danos materiais que provocou a inundación nun negocio que dende a súa apertura non deixa de loitar contra as adversidades.
Para os propietarios e traballadores desta cafetería, estes estragos únense ás perdas que a pandemia está deixando no sector.