CRTVG

Buscar

Os estadounidenses vacinados poden retirar a máscara en interior e exterior

Publicado o 31/05/2021 08:45
Os estadounidenses vacinados poden retirar a máscara en interior e exterior

Nos Estados Unidos pasaron a primeria fin de semana festiva en que os estadounidenses vacinados puideron estar sen a máscara. Celebrouse o Día dos Caídos, que é simbolicamente para os norteamericanos o día do inicio do verán. Tradicionalmente son unhas xornadas de reunións e actos familiares. Incluso puidemos ver a Joe Biden durante un evento oficial coa cara destapada. Os que xa recibiran o remedio contra a covid−19 nos Estados Unidos escusaron levar a máscara tanto en exteriores como en interiores. Outra imaxe que nos fala da lenta, pero continua volta á normalidade.

Noticias web

31/05/2021