Os Estados Unidos rematan co soño de España no baloncesto
Publicado o 03/08/2021 08:19
Tiñan a pedra máis dura no camiño e os Estados Unidos impuxeron a súa lei derrotando a España por 95-81.
No primeiro tempo a selección española soñou e chegou a ter unha máxima vantaxe de 10 puntos. Foi entón cando Kevin Durant espertou e os Estados Unidos chegaron ao descanso co marcador equilibrado (43-43).
Na segunda metade mudou a tendencia e os norteamericanos colleron as primeiras vantaxes do partido diante dunha España na que Ricky Rubio se quedou loitando case en solitario. Rubio fixo un partido descomunal con 38 puntos.
Ricky e Sergio Rodríguez estiveron sensacionais na zona exterior do ataque, pero os Estados Unidos dominaron a pintura e acabaron gañando con claridade.