CRTVG

Buscar

Os Estados Unidos manifestan o seu apoio ás protestas en Cuba

Publicado o 12/07/2021 21:31

As protestas de Cuba tiveron eco nos Estados Unidos. Na Florida, onde está a maior comunidade de exiliados cubanos, saíron ás rúas en sinal de apoio. Tamén amosou o seu apoio ás manifestacións de Cuba o presidente estadounidense Joe Biden. Segundo afirmou o presidente dos Estados Unidos, son unha clara chamada pola liberdade. 

Joe Biden, pese a participar no proceso de reapertura iniciado por Barack Obama, aínda mantén as restricións económicas que estableceu Donald Trump. A Casa Branca dixo estar moi preocupada pola apelación ao combate que fixo o presidente cubano. A Organización de Estados Americanos en Washington tamén expresou a súa condena.

En Florido o entusiasamo é xeral. Líderes demócratas e republicanos confían en que este sexa o principio do fin do réxime castrista.

 

Noticias web

12/07/2021