CRTVG

Buscar

EUA e a China establecen unha tregua comercial

Publicado o 12/10/2019 12:51

A China e os Estados Unidos mostráronse satisfeitos das súas últimas negociacións. Sen entrar en detalles, din que fixeron avances importantes en áreas como a agricultura, tipos de cambio e propiedade intelectual. É un acordo parcial, pendente de ser redactado e asinado.

Trump asegurou que a súa relación tensa con Pequín converteuse nun "festival do amor" que beneficia as dúas potencias e o mundo.

En virtude do acordo, as partes estableceron unha tregua na guerra comercial que as enfronta desde o ano pasado. Os Estados Unidos suspenden por agora o incremento de aranceis ás importancións chinesas e a China comprométese a aumentar as súas compras de produtos agrícolas estadounidenses.

Noticias web

12/10/2019